Vilaboa confía en que o Supremo ratifique a titularidade veciñal dos terreos da Brilat

Vilaboa
06 de maio 2013

"Non pode ser doutro xeito", dicía o reincorporado presidente da comunidade de montes de San Martiño de Vilaboa, Xabier Míguez, "confiamos en que o Tribunal Supremo ratifique a titularidade veciñal das 15 hectáreas de monte que ocupa a Brilat"

Mandos militares diante de parte dos terreos da Brilat na base General Morillo PontevedraViva

"Non pode ser doutro xeito", dicía o reincorporado presidente da comunidade de montes de San Martiño de Vilaboa, Xabier Míguez, "confiamos en que o Tribunal Supremo ratifique a titularidade veciñal das 15 hectáreas de monte que ocupa a Brilat".

A asemblea dos comuneiros de San Martiño celebrada este domingo no colexio do Toural, repasou a situación deste longo preito, no que os veciños xa contan con dúas sentenzas favorables, do Xulgado de primeira Instancia número 2 e da Audiencia provincial, en novembro.

Na súa particular lectura sobre a "usurpación do monte comunal de Vilaboa polo Ministerio de Defensa", os comuneiros están á espera da decisión do Supremo para negociar o futuro dos terreos da Brilat xunto coas outras comunidades de montes de Salcedo e Figueirido. Unha decisión que esperan que chegue "antes do verán".

Ademais na reunión aprobáronse as contas do pasado exercicio que se pecharon cuns ingresos de 86.591 euros e uns gastos de 29.833.

Arquivado en