Renovadas 105 luminarias no Alcouce e Barciela

Vilaboa
12 de febreiro 2025
Actualizado: 17:09

O investimento do Concello de Vilaboa supera os 37.000 euros e reducirá o coste do alumeado público

Instalación dos novos farois tipo led
Instalación dos novos farois tipo led

O Concello de Vilaboa segue a traballar na mellora da eficiencia enerxética do municipio cun proxecto que implica a sustitución das luminarias actuais por outras led, de menor consumo, nos lugares de Alcouce (Figueirido) e Barciela (Santa Cristina de Cobres).

Nestes días comezará a colocación de 6 luminarias de alumeado público viario LED de 58W de potencia e outras 99 de 39W que se colocarán nos viais destes dous núcleos trala retirada das farolas actuais.

Instalaranse nos postes existentes, renovando tamén parte dos brazos de ancoraxe e cun investimento que supera los 37.469 euros.

Esta actuación no Alcouce súmase á executada xa en Bértola, na Ramalleira, na Saxosa e na Rialiña onde as farolas obsoletas foron reemplazadas por luminarias LED reducindo o consumo e, polo tanto, o costo da iluminación pública para a administración local.

Investimentos similares fixeronse tamén no resto das parroquias de Vilaboa.

Para César Poza, alcalde de Vilaboa, esta nova actuación supón un avance importante no proxecto de eficiencia enerxética que o goberno local prevé desenvolver en Vilaboa e que aparece recollido no Plan de Acción para o Clima asumido pola administración local.

"Unha das nosas prioridades é adecuar as instalacións de uso público para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas e coidar o entorno municipal e nese sentido esta obra que imos acometer de inmediato é sen dúbida un paso adiante", dixo o alcalde.