Vilagarcía regularizará as vivendas de uso turístico

O Salnés
30 de abril 2026

O Concello elaborará unha ordenanza específica para regular o uso das VUT e establecer un control e un equilibro coa vivenda habitacional de compra ou de aluguer

Unha rúa en Vilagarcía Concello de Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa adxudica por 3.400 euros a redacción dunha ordenanza específica para regular as vivendas de uso turístico (VUT).

A medida, explican desde o Concello, busca acomodar este uso, que está en expansión, e establecer un control e un equilibrio co uso habitacional e coas diferentes necesidades da cidadanía.

Ber&Mor Abogados será o encargado de elaborar nun mes devandito contrato.

O texto tamén incluirá asesoramento xurídico durante e posteriormente á súa tramitación, especialmente no referido a alegacións.

A ordenanza axustarase á revisión da PXOM.

Permitirá VUT en edificios exclusivos para esta fin, plantas baixas ou primeiros pisos, sempre que os baixos non teñan uso habitacional.

O goberno local implantará un procedemento de comunicación previa para a súa supervisión e regularización, co fin de equilibrar o turismo coa vivenda habitacional e evitar molestias veciñais.

O Concello ve as VUT como actividade que democratiza o turismo, ao reducir custos nos aloxamentos vacacionais, e xera riqueza, pero considera que hai que regular o seu uso para que non repercuta negativamente na oferta e nos prezos da vivenda habitacional de compra ou de aluguer.