Visita oficial ao Concello do novo Comandante Director da Escola Naval

Marín
28 de xullo 2015

Despois da súa toma de posesión, entrega de mando que tivo lugar o pasado venres, a súa primeira visita oficial foi ao concello sede da Academia da Armada

O Director da Escola Naval e a alcaldesa de Marín Concello de Marín

Este martes o novo Comandante Director da Escola Naval Militar, José María Núñez Torrente, visitou oficialmente a alcaldesa de Marín, María Ramallo.

Despois da súa toma de posesión, entrega de mando que tivo lugar o pasado venres, a súa primeira visita oficial foi ao concello sede da Academia da Armada.

Debido a que hai uns anos estivera xa a desempeñar o cargo de xefe de estudos, é coñecedor das boas relacións institucionais e de colaboración entre ambas as dúas institucións.

Núñez Torrente mostrou o seu desexo de que os veciños de Marín participen do verdadeiro Campus Universitario que albergan.