#VivasLibresUnidas - Paro por quendas para o 8-M para facilitar o seguimento da folga pola muller

Pontevedra
05 de marzo 2018

Os sindicatos CC.OO. e UXT amplían o chamamento aos homes porque entenden que a súa presenza aumenta a visibilidade desta acción reivindicativa para reclamar a igualdade no ámbito laboral e social. Piden, entre outras medidas, a equiparación dos permisos de paternidade e maternidade

CC.OO. e UGT convocan un paro de dúas horas por quenda para o xoves 8-M
CC.OO. e UGT convocan un paro de dúas horas por quenda para o xoves 8-M / Mónica Patxot

#VivasLibresUnidas. Con este lema está previsto levar a cabo paros de dúas horas en cada unha das tres quendas. De 00.00 a 02.00, de 12.00 a 14.00 e de 19.30 a 21.30 horas. Así establecen os sindicatos Comisións Obreiras e UXT a folga laboral prevista para este xoves 8 de marzo.

Esta decisión adóptase para evitar que unha folga de 24 horas repercuta de maneira grave na economía das mulleres que queiran sumarse a este paro. 70 euros nun soldo de menos de 800 euros mensuais supón unha elevada carga salarial, apuntan Uca Filgueira e Pilar Seoane Vázquez, representantes sindicais de UXT e CC.OO. Esta postura é máis reducida que a folga de 24 horas convocada pola comisión 8 de marzo convocada por CXT e CNT.

Cren que a convocatoria será un éxito de seguimento. Detectan unha importante implicación en ámbitos como o educativo e consideran que serán un punto de inflexión no tratamento da muller no sector laboral. Estes dous sindicatos convocan tamén os homes para sumarse a esta folga do 8-M. Entenden que será a mellor fórmula para dar visibilidade ao paro.

En Pontevedra, estes dous sindicatos teñen previsto levar a cabo unha concentración durante o xoves 8 de marzo ante a Subdelegación entre as 12.30 e as 13.00 horas.

Segundo os datos que manexan, na comarca das 13.364 persoas que se atopan en desemprego, o 55,5%, 7.417 son mulleres. No concello de Pontevedra, o peso do desemprego feminino é máis acusado que no total comarcal e galego, o 56,7%. Nos municipios da comarca, os índices varían entre o 47,1% de Campo Lameiro fronte ao 57,5% de Bueu.

 "As mulleres do Partido Popular deberían ter un pouco de vergonza"

Pilar Seoane Vázquez sinala que en todo o Estado, o 73% dos contratos a tempo parcial están destinados a mulleres. "Non se lles dá a oportunidade de facer traballos a xornada completa", indicou apuntando a que se segue asociando á muller co coidado dos fillos e de persoas dependentes. Por este tipo reclaman un cambio na sociedade para que se traballe pola corresponsabilidade equiparando os permisos de paternidade coa mesma duración e as mesmas condicións tanto para homes como mulleres.

"Necesitamos máis voz", indicaba a representante de CC.OO. mentres que Uca Figueroa manifestaba que ela leva 42 anos nunha empresa e que as mulleres sempre se teñen que facer valer. Recoñecen que a brecha salarial fíxose aínda máis patente por mor da crise.

Lamenta a actitude que manteñen publicamente as mulleres do Partido Popular ao non sumarse á folga. "Deberían ter un pouco de vergonza", indicou a representante de UXT. Sinalan que desde o goberno está a aplicarse a liña de Margaret Thatcher de forma que xa só tense en conta ás persoas e ás familias, pero non á sociedade como colectivo.

Estas representantes sindicais afirma que é necesaria esta folga para que os políticos e a administración sexan conscientes da necesidade de dar importancia á igualdade e asuman compromisos para cambiar á sociedade.