Desde que deixou o posto de xefe de estado ao seu fillo, Juan Carlos I é un habitual nas regatas do Circuíto Nacional de 6M que se celebran en Sanxenxo, e non foi menos na primeira das programadas este ano.
O rei emérito pasará toda a fin de semana nas Rías Baixas rodeado de amigos e gozando dunha das súas paixóns, a vela.
A competición iniciouse este sábado nas inmediacións do Real Club Náutico de Sanxenxo, ás que o monarca chegou a primeira hora para poñerse á fronte do Bribón e regatear pola Ría de Pontevedra.
Logo de dous regatas, o Bribón patroneado por Juan Carlos I colocouse como líder provisional da proba por diante do Alibabá II a falta da xornada do domingo.
O Circuíto Nacional de 6M repetirá con asiduidade a súa presenza nas Rías Baixas ata o próximo mes de novembro.