Volveu pasar! Un camión choca contra a ponte do ferrocarril en Alba

Pontevedra
09 de outubro 2018

O tráiler chocou contra a ponte á primeira hora da mañá deste martes bloqueando durante un par de horas uno dos carrís de circulación e provocando retencións na variante

Camión accidentado na ponte de San Caetano, Alba Mónica Patxot

Parece incrible, pero é unha situación que se repite periodicamente a pesar dos avisos de altura máxima na zona.

Un camión chocou á primeira hora da mañá deste martes contra a ponte do tren na estrada PO-225, a coñecida como variante de Alba que conecta a Nacional 550 coa estrada de Vilagarcía.

O suceso produciuse pouco despois das 7:30 horas da mañá, quedando o tráiler parado no lugar bloqueando un carril de circulación.

A Garda Civil de Tráfico regulou a circulación na zona ata a chegada do guindastre, pero producíronse retencións considerables.