Vox pide un "pin parental" en Pontevedra para evitar o "adoctrinamiento" do Concello aos alumnos sobre a Memoria Histórica

Pontevedra
30 de xaneiro 2020

Vox denuncia "extralimitación de funciones" do Concello de Pontevedra polas actividades previstas nos institutos da cidade en materia de Memoria Histórica

O líder de Vox, Santiago Abascal, interven na sesión de investidura Congreso de los Diputados

Vox acusou este xoves ao Concello de Pontevedra de "extralimitarse en sus funciones" pola programación de actividades relacionadas coa Memoria Histórica nos institutos da cidade e aludiu ao "pin parental" que defende a formación para para que os pais poidan vetar a asistencia a estes contidos na aulas e "evitar el adoctrinamiento de los alumnos".

Nun comunicado, o partido de ultradereita reacciona deste xeito diante da posta en marcha por parte do Concello de Pontevedra dunha serie de actividades para levar a cabo ao longo do primeiro semestre coas que se pretende "espertar o interese" dos mozos sobre a resistencia ao golpe de estado e coa represión desatada na cidade a partir de xullo de 1936.

Trátase de talleres de rap, proxeccións audiovisuais, obras de teatro e conferencias.

Diante disto Vox denuncia que as actividades anteriores "no son de la competencia municipal y por tanto su financiación implica una malversación de fondos públicos, limitando la capacidad del Ayuntamiento para ejecutar las funciones que verdaderamente le son propias".

O comunicado de Voz engade que "la docencia de la historia del 36 en los Institutos no corresponde al Ayuntamiento de Pontevedra y Vox lamenta que dichas actividades se realicen con el consentimiento de la Consejería de Educación de la Junta de Galicia".

Fronte a isto sinalan que "con la propuesta de Vox de el Pin Parental, evitaríamos el adoctrinamiento de los alumnos de Pontevedra, sobre la Memoria Histórica".