Xa están os premios dos concursos da Festa da Troita

Ponte Caldelas
16 de abril 2018

Un ano máis, o río Verdugo, foi o protagonista temático deste concurso gráfico da Festa da Troita  

Fotografía premiada no concurso da Festa da Troita Concello de Ponte Caldelas

O voto da veciñanza de Ponte Caldelas decidiu os gañadores dos concursos de carteis e fotografías da Festa da Troita.  De entre as obras preseleccionadas polo xurado, os caldeláns escolleron o cartel que leva por título "O cuarto elemento es ti", do que é autora Patricia Ricón Rodríguez. 

As tres fotografías premiadas son as tituladas "O marmurio do río" (Ángeles Boullosa Ventín), "Augas cristalinas" (Zaida Barreiro Vidal) e "Cando as troitas durmen" (Vanessa Veiga Castro).

O deseño do mellor cartel está dotado cun premio de 400 euros, mentres que as fotografías gañadoras obteñen 300, 200 e 100 euros, respectivamente. O concurso de redacción, pola súa banda, está dotado cunha tableta electrónica para cada gañador nos colexios Cordo Boullosa e A Reigosa. Os autores dos relatos gañadores, a criterio dos equipos docentes, serán anunciados nos próximos días.

A votación popular para os concursos de carteis e fotografías desenvolveuse durante a semana pasada tanto presencialmente como a través da sede electrónica do Concello. Para votar tan só era necesario estar empadroado en Ponte Caldelas e ser maior de idade. 

O xurado que preseleccionou os traballos estivo presidido polo alcalde, Andrés Díaz, e contou coa presenza dos concelleiros Lito Muíños e Alfonso Gutiérrez, ademais do fotógrafo Juan Manuel Lois Bascoy.