Xoias solidarias para a loita contra o cancro

Pontevedra
18 de decembro 2019

A artista Loli Beloso presenta unha colección de pulseiras, colares e pendentes inspirados nos deseños dos galegos exiliados a Arxentina nos anos 50 para crear unha colección que pode visitarse durante as datas do Nadal no local de Down Pontevedra " Xuntos"

Loli Beloso presenta a súa colección de xoias solidarias no local de Down Pontevedra Down Pontevedra

O local de Down Pontevedra "Xuntos" acolleu este mércores a inauguración da exposición Xoias Solidarias deseñada pola escritora Loli Beloso. Unha mostra que estará aberta ao público durante as datas do Nadal e que serve para colaborar na investigación sobre o cancro.

Os elementos que compoñen a exposición están realizados con pedazos de porcelana de Celtia, unha fábrica fundada por Isaac Díaz Pardo en arxentina con emigrantes galegos. "Son xoias solidarias e históricas porque rescatan deseños de Díaz Pardo", dixo a artista sobre a súa colección.

Entre os pendentes, colares ou pulseiras que integran a mostra, poden observarse deseños de porcelana típica dos exiliados galegos en Sudamérica dos anos 50, nos que as montaxes sobre prata e con encaixe de palillos adoitaban ser habituais.

Os beneficios obtidos coa venda destas xoias serán doados á Fundación Pública de Medicina Xenómica que lidera Anxo Carracedo. O médico Manuel Fernández Arruty exerce de padriño da mostra, que poderá visitarse ata o 10 de xaneiro.