Xornada 'a pé de rúa' en Cruz Vermella

Pontevedra
23 de marzo 2019

A iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Económica co obxectivo de incentivar o comercio local chegou este sábado á rúa Cruz Vermella cunha xornada de actividades e descontos 

A pé de rúa en Cruz Vermella PontevedraViva

A iniciativa 'a pé de rúa' da concellería de Promoción Económica viviu este sábado unha nova xornada na rúa Cruz Vermella.

Música, obradoiros infantís ou actividades lúdicas foron os grandes protagonistas da mañá na zona, xunto aos descontos ofrecidos en diferentes comercios.

A pé de rúa é un proxecto que ten como obxectivo visibilizar e reivindicar o comercio e a hostalería local.

A xornada desenvolveuse entre as 11:00 e as 14:00 horas do sábado.

Trala rúa Cruz Vermella, a próxima zona en sumarse á iniciativa municipal será cale Cruz Gallástegui o vindeiro sábado día 30 de marzo.