Xornada divulgativa para prepararse ante a chegada da eclipse solar

Soutomaior
25 de xuño 2026

O Concello de Soutomaior ofrece duascentas prazas gratuítas para unha sesión formativa que inclúe unha simulación do fenómeno e a entrega de lentes de protección homologadas

Persoas observando unha eclipse solar

O sábado 11 de xullo está previsto no Concello de Soutomaior unha xornada informativa sobre a "A Eclipse Solar", deseñada co obxectivo de preparar á poboación ante o fenómeno astronómico que acontecerá o 12 de agosto de 2026.

Nesta actividade, que se vai desenvolver no Multiúsos e no Peirao de Arcade, está previsto explicar os mecanismos do eclipse total, que se poderá ver de forma directa en diferentes puntos do territorio galego.

A sesión desenvólvese a través de explicacións de carácter científico, talleres prácticos e unha simulación que recreará as condicións visibles e os efectos que se producirán durante o aliñamento dos corpos celestes.

A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, expuxo que a iniciativa persegue que os residentes dispoñan da información técnica necesaria para realizar unha observación sen riscos para a saúde visual.

As persoas que participen na actividade recibirán lentes de protección homologadas para poder seguir o desenvolvemento do eclipse en agosto.

A organización dispón de duascentas prazas para esta xornada, que está aberta ao público a partir dos cinco anos de idade.

O prazo para formalizar a inscrición previa abrirase de xeito telemático o luns 29 de xuño ás 09:30 horas e permanecerá dispoñible ata o mércores 8 de xullo.