Un home enfrontarase esta semana a un xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra por un delito de distribución de pornografía infantil por ter no seu poder e distribuír arquivos con menores de idade espidas e efectuando actos sexuais, algunhas de moi curta idade.
O xuízo celebrarase na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra o martes 4 de novembro. Fixouse inicialmente para o mes de setembro, pero tivo que aprazarse.
A Fiscalía pide para o acusado unha condena de 8 anos de prisión e a medida de liberdade vixiada, que se executará con posterioridade á pena imposta, por tempo de 9 anos.
Esa liberdade vixiada consistirá na prohibición de desempeñar actividades que permitan ou favorezan o contacto con menores de idade na obrigación de someterse a programas formativos de educación sexual.
Tamén se enfronta á inhabilitacion especial durante 12 anos para calquera profesion ou oficio, sexa ou non retribuido, que leve, contacto regular e directo con menores de idade.
O home foi detido pola Policía Nacional no marco da operación "Cuervo", levada a cabo durante os anos 2020 e 2021.
Na investigación detectouse que usaba un programa informático de intercambio desde un domicilio de Vilagarcía e procedera a descargar e compartir "seis arquivos con claro contido sexual explícito no que participaban menores de moi curta idade e aspecto prepuber".
Nun rexistro no seu domicilio localizaron o equipo informático do que se serviu para descargar e distribuír os arquivos de pornografía infantil e a existencia de 287 arquivos de vídeo ou similar, dos cales fora compartidos 83. Neles aparecían menores de idade espidas e efectuando actos sexuais.
Entre tales arquivos atopábanse dous arquivos que mostran menores de moi curta idade.