Xullo pechouse na cidade cun 24% máis de turistas

Pontevedra
06 de agosto 2016

Os puntos de información turística na cidade recibiron durante o mes de xullo 5.668 visitas, a maioría delas de turistas chegados desde territorio nacional

Punto de información turístico de Pontevedra Mónica Patxot

A cidade de Pontevedra non queda atrás con relación ao resto da provincia e está a vivir un verán de record en canto a afluencia de turistas.

Así o reflicten os datos das oficinas de turismo da cidade, que recibiron durante o mes de xullo a visita de 5.668 turistas, é dicir, un 24% máis que hai un ano, cando a cifra era de 4.571.

Esta cifra correspóndese coa demanda de información na Ofina de Turismo Municipal (Casa da Luz) e as casetas situadas xunto á estación de tres e en Montero Ríos.

A gran maioría de turistas que chegaron á cidade de Lérez fixérono desde territorio nacional (4.737), sendo Madrid a rexión que máis visitantes achega (1.232).

A estatística reflicte a demais que a maior parte dos visitantes chegaron en coche (3.304) e con motivación fundamentalmente cultural (4.966). Pola súa banda 522 visitantes chegaron a Pontevedra no medio da súa peregrinación a Santiago de Compostela.