O parking público Nauta de Sanxenxo pechou o mes de xuño con cifras marca de facturación e ocupación.
Logrou unha recadación total de 79.999 euros e unha rotación de 15.720 vehículos nos seus 584 prazas repartidas na planta pública interior (206), a exterior (200) e o parking privado (178).
A cifra supón a maior da serie histórica con máis dun 30% de incremento respecto dos datos rexistrados nos últimos cinco anos.
O tempo de estancia medio foi de 2 horas e media e durante o mes de xuño emitíronse 15.720 tickets.
BALANCE NAS PRAIAS
Durante o mes de xuño tamén traballaron a pleno rendimieno os socorristas das praias de Areas, Silgar, Montalvo, Canelas, Foxos e A Lanzada.
Realizaron 1.916 atencións. O maior número de intervencións, 162, realizáronse por contusións, seguidas de picaduras de faneca (152) ou feridas (59).
Os avisos por incumprimento de ordenanzas ascenderon a 692, das que 266 concentráronse en Montalvo e 196 en Canelas.
As embarcacións realizaron 570 intervencións para advertir de perigos por saltos desde lugares alto ou rocas (92), usuarios fóra da zona de baño (115) e avisos por táboas ou pedaletas (256), a maioría en Silgar.
Sanxenxo é o municipio galego onde primeiro se activa o servizo de socorrismo. A principios do mes de xuño, os fins de semana nas catro praias máis concorridas e logo de forma continuada ao longo da semana nas mesmas praias e os fins de semana en Foxos e A Lanzada.