A Xunta levanta a restricción do baño na praia vilagarciana de Canelas

O Salnés
21 de xullo 2026

Desta volta, a comunicación ao Concello de Vilagarcía fíxose por vía telefónica á Policía Local, e non telemática.

Bañista

A recomendación de non bañarse na praia de Canelas, en Sobradelo, queda sen efecto.

Segundo informa o Concello de Vilagarcía, a análise das mostras tomadas este domingo, día 19, deron negativo e, polo tanto, certifican que as súas augas volveron á normalidade.

Desta volta, a comunicación da Xunta fíxose por vía telefónica á Policía Local, e non telemática.

Esta nova comunicación, a primeira hora da tarde, coincide no tempo co requirimento que fixo o Concello de Vilagarcía á Consellería de Sanidade para que se colocasen no taboleiro informativo as análises do pasado xoves e a recomendación do venres de evitar o baño; carteis que xa estaban colocados dende onte, luns.

O goberno local volveu reclamar á Xunta un sistema de comunicación dos resultados das análises "máis eficiente e eficaz", ao considerar que o aviso chega con demora respecto ao momento no que se detecta a incidencia.

Desde o Concello apuntan que, como xa ocorreu recentemente coa praia do Preguntoiro, cando se informa á cidadanía da restrición do baño é posible que o episodio contaminante xa rematase.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora