Zafarrancho de limpeza na rúa Dinamarca

Pontevedra
28 de novembro 2023

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves

Rúa Dinamarca, Monte Porreiro
Rúa Dinamarca, Monte Porreiro

A Concellaría de limpeza viaria, dirixida por Xaquín Moreda, realiza esta semana un zafarrancho de limpeza na rúa Dinamarca.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. 

A zona de estacionamento estará valada durante a semana prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. 

Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

O zafarrancho farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de toda a veciñanza e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. 

Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.