'A lume vivo!' é o lema que acompaña e encabeza o cartel ilustrador da inmediata edición do festival Surfing the Lérez. O cartel foi un ano máis resultado do traballo de Santiago Paredes. O Surfing abre a programación festiva estival de Pontevedra e pretende ser "o mellor de Galicia, aínda que non é fácil conseguilo"; e dio o promotor do evento, Marcos Rivas, que pon voz a esta playlist.
A programación comezará o mércores 13 co concerto, na Sala Karma, dos coruñeses The Fogbound e os ritmos estivais como a cumbia dos santiagueses Esteban & Manuel. The Manueles é unha formación que conforman mozos de varios puntos da ría de Pontevedra e fan 'covers' a súa quenda será o xoves 14 en 'El Pequeño', mentres que a Karma actuarán os americanos Matt and the Peabody Ducks.
Completando os preliminares, o venres previuse unha xornada infantil nas rúas da cidade. Rivas explica que "isto pasa pola idea que temos para o futuro do Surfing atraelo tamén cara á cidade e mobilizar aos nenos, ás familias".
Postos xa na xornada do sábado 16, e sen quitar a vista aos máis pequenos, serán preto de 180 nenos os que suban ao escenario Bonobo. Un público do festival que amplía para esta edición o seu espazo e os talleres dedicados a eles. Xa para todos os asistentes haberá uns 30 postos para o mercadiño e outro espazo para os food trucks.
Estas actuacións comezarán pouco despois do mediodía e estímase que se prolonguen ata primeira hora da madrugada.
Nesta playlist de PontevedraViva Radio, Marcos fai unha selección de cada un destes grupos e artistas para que vaias facendo boca. Cabe lembrar que a asistencia ao festival é gratuíta e o único que se solicita aos asistentes é a súa achega en alimentos básicos que se entregan á Redeaxuda. Para esta ocasión quérense alcanzar as 8 toneladas e como novidades, levar tamén tapóns para a Taponeta Solidaria.
Como guinda, o vídeo que os estudantes da Universidade de Vigo realizaron xunto a Producciones Mutantes para promocionar o Surfing the Lérez.