O Poio Pescamar viaxa esta fin de semana á comunidade madrileña coa intención de manter a súa progresión na clasificación de Primeira División e consolidarse na parte alta.
O equipo vermella visita o sábado (18:00 horas) a cancha do recentemente ascendido Soto del Real, un vello coñecido co que se atopou nos últimos anos tanto na máxima categoría como na Segunda División.
A boa noticia no Poio chega coa volta a unha convocatoria de Jessi Lores, que recibiu a alta médica unha vez recuperada da súa grave lesión de xeonllo.
Pola contra non entrou na lista Ale de Paz, debido a unha escordadura que se produciu no adestramento do mércores.
Desta forma a expedición vermella compóñena: Silvia, Mónica, Carol, Yoli, Jenny Lores, Patri Corral, Iria Saeta, Vane Bugallo, Ceci e Jessi Lores.