Neste segundo "Dale la vuelta"María González axúdache a reconsiderar as formulacións en torno ao climaterio e menopausa. Tras romper algúns mitos no anterior programa de PontevedraViva Radio, e enumerar unha serie de cambios que se producen nesta etapa da madurez feminina, neste caso céntrase nos cambios cognitivos.
Completando estas explicacións e pautas, para esta ocasión engade unha serie de exercicios para fortalecer o chan pélvico; así como recomendacións bibliográficas e filmografía. Está dispoñible o correo electrónicomariadalelavuelta@gmail.com para expor calquera dúbida sobre o tema exposto; suxerir algunha cuestión que che interese abordar ou sobre a próxima temática: a intelixencia emocional.