Contamos con catro xornalistas para falar por segundo ano consecutivo en PontevedraViva Radio do Festival de Eurovisión: Tino Domínguez, Antón Prieto, Luís Miguel Alonso e Alejandra Iannone.
Esta edición 68 celébrase en Lisboa e desde alí súmase tamén ás Conversas na Ferreríaoutra xornalista pontevedresa, Julia Varela. O noso compañeiro Alejandro Espiño charla con ela sobre as impresións e experiencias destes días previos á final.
Durante a distendida charla fálase dos 43 países participantes, dos que 26 chegarán á final; de estéticas, postas en escena, cancións mellor posicionadas en apostas ou a organización do evento por parte de Portugal.
Ademais de numerosos datos e referencias de pasadas edicións - grazas ao profundo coñecemento que sobre o evento teñen os interlocutores - tamén se evidencia na conversación a evolución en múltiples ámbitos que este festival foi experimentando desde os seus inicios.
Chequia, Italia e Israel son os favoritos de Antón; Luís decántase por Chipre, Francia e Lituania; Alejandra por Israel, Chipre e Francia; mentres que Tino avoga por Chipre, Israel e Irlanda. Todos coinciden en que Amaia e Alfred con "Tu canción" non superarán a metade da clasificación.