Tino Domínguez consegue nesta entrega de 'El club de la esquina', un programa orixinal. Unha hora de música con temas orixinais e adaptacións posteriores das primeiras.
O 'Pata pata' de Miriam Makeba, 'Mamá África' e a versión que fixeron os Playing for Change, así como do 'Teach your children' de Crosby, Stills & Nash versionado ademais polos pontevedreses Black Stones.
Estes tamén adaptaron o 'I will' de The Beatles, como o propio Paul McCartney. 'I' ll cry instead' é outra das composicións dos de Liverpool que se inclúe neste programa de PontevedraViva Radio e do que podes escoitar a versión feita por The Shooters.
O 'Bésame mucho' de Consuelo Velázquez tamén tivo réplicas como as que selecciona Tino Domínguez en voz de Diana Krall e dos mismísimos The Beatles, quen tamén contan no seu repertorio cunha reinterpretación da 'Luna de miel' de Gloria Lasso, que igualmente cantou Paloma San Basilio.
De terras charras extrae o 'Méjico lindo e querido' de Chucho Monge e recupera a interpretación de Jorge Negrete e de Playing for Change.