RADIO.- A gruta de Gizamaluke repasa os videoxogos anunciados na gala Game Awards
Por Redacción
As novidades do sector dos videoxogos están cada luns en PontevedraViva Radio co podcast e programa - en galego -, que conduce Carlos Pereiro; xestor da revista Morcego.
Esta semana na sección 'Que pasa no mundo?' un lamentable suceso ocorrido en Austria, onde un 'streamer' alcumado MrDeadMoth era detido por agredir á súa muller mentres xogaba en directo a Fortnite.
Ademais, mentres se espera a chegada o próximo xaneiro de 'Resident Evil 2 Remake', hai rumores dun remake de 'Resident Evil 3'. E mirando ás cifras de consolas máis vendidas, PS4 superou en vendas a Xbox 360. As noticias que trae 'A gruta de Gizamaluke' esta semana veñen amáis cun aniversario: os 25 anos de 'Doom' e máis...
Se no anterior programa, Carlos Pereiro e Sara Orozco fixeron as súas apostas aos Game Awards, esta vez traen os xogos anunciados nesta gala. Ademais da selección semanal das bandas sonoras dos videoxogos; para esta ocasión o debate ten dous nomes propios: Steam e Epic Games.