Ana Corzo conxuga varias disciplinas artísticas. Pinta, escribe poesía e tamén canta. Mesmo probou o teatro, e se é do grupo Degaro da Fundación Cuña Casasbellas - ao cal dirixe, mellor. Habería que engadir outra arte, con minúscula, pero non menos importante: a arte de saber vivir o momento e fluír na vida con cada un deles.
Convidamos a unha berciana de orixes galegas, por parte materna e paterna. Falando de familia, Ana Corzo Sánchez, afirma que ten tres: a biolóxica, a artística e a adoptiva. A esta última pertence un pontevedrés que xa pasou pola Playlist, o seu primo Valentín Dacova.
Saíu de Ponferrada aos dezaoito anos para estudar Belas Artes en Salamanca, onde viviu oito anos. Na cidade do Lérez doutorouse Cum Laude. Munch, Pollock, Klimt , Van Gogh ou Frida Kahlo, son artistas que a inspiran. Como Kokoschka, Ana tamén escribe poesía. 'El latido del amor' é o primeiro poemario que publicou fai un par de anos e en breve poderase ler o segundo.
Educouse nun centro onde se outorgaba a mesma importancia ás materias artísticas que ás científicas. Unha 'modernez' trístemente excepcional nos 70 e igualmente nesta década do século XXI. Sendo adolescente lía a Albert Camus, Nietzsche, Hesse e Stendhal. Non é de crenzas relixiosas, pero se tivese que aproximarse a algunha fe, sería a zen. Así que... fágase o silencio para escoitar en PontevedraViva Radio a súa Playlist.