A escasas semanas das eleccións europeas, estudantes de Catoira e da localidade irlandesa de Dundalk aprenden por exemplo como se solucionaban os conflitos antes da creación da Unión Europea. 'Os procesos de paz desde os viquingos ata os Acordos de Venres Santo' son o eixo vertebrador deste Erasmus+ que cumpre este 2019 a súa terceira edición.
Creáronse xa entre ambas as partes uns vínculos que non se limitan ás súas comunidades educativas, o Concello de Catoira tamén quere ser partícipe da súa continuidade. De feito os intercambios de visitas xa non se restrinxen só ás datas pautadas no programa. Contan nestas Conversas na Ferrería que no verán se repiten estas viaxes a Galicia, para seguir coñecendo os nexos culturais que ambas as localidades teñen.
Falamos en PontevedraViva Radio con Fernando Sanmartín,director do CPI Progreso de Catoira e Laura Abel, profesora de Inglés, quen este ano acompaña xa desde este pasado xoves á expedición galega a Irlanda. Con David McArdle, profesor de Español e Xeografía en De La Salle College de Dundalk quen agradecido dí que a visita dos estudantes e profesores irlandeses foi "unha gran experiencia".Fátima Cubreiro, alumna do centro de Catoira comparte como lle resultou a estancia dos seus compañeiros de Irlanda e Ferdia McDonnell supera o test de conceptos galegos ao que lle sometemos.