RADIO.- As 'Conversas na Ferrería' falan de ciencia en feminino
![Marisa](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a3e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577155e6db-5735c17382-20160513-patxot-marisa-ciordia-203-ok-pontevedraviva.jpg)
Por Marisa Ciordia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/22c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62050cf2a0-premiadas.jpg)
© PontevedraViva
Carmela Cela Rodríguez é unha nova bioquímica galega. Traballa como investigadora predoctoral no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madrid, pertencente ao CSIC. Ademais desenvolve unha faceta divulgadora a través da canle de Youtube 'Ciencia con Carmen' xunto a outras dúas mulleres científicas e en Twitch con 'Ecos de xigantes' onde divulgan en lingua galega.
Este venres 11 de febreiro estará en Pontevedra formando parte das actividades que o Concello de Pontevedra en colaboración con GCiencia organizaron para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Trátase dun encontro con alumnos de segundo curso de ESO e de Bacharelato, ás 12.00 horas no Pazo da Cultura e no que tamén participarán a bióloga Alba Aguión Tarrío, a biomédica Paula Otero Sánchez e a microbióloga Andrea Muras Mora.
Neste podcast de 'Conversas na Ferrería' Carmela fálanos das cotas de presenza feminina en carreiras vinculadas á Ciencia e tamén no ámbito laboral. Comenta igualmente a súa faceta de divulgadora, que público segue as súas canles e cales son as súas mulleres de referencia na Ciencia.
Ademais, PontevedraViva Radio conta no estudo con outras dúas invitadas. Dúas das estudantes premiadas no concurso de micro relatos 'A muller e a nena na Ciencia' que recibirán os seus premios no citado encontro deste venres 11 de febreiro.
Claudia Veiras Trotiño, alumna do IES Valle Inclán conseguiu o primeiro premio co traballo titulado 'Pequenas accións, grandes resultados' e o segundo premio foi para Julia Martínez Losada, estudante tamén no IES Valle Inclán, co relato 'Loitar para triunfar'. Carmen Portela Medrano, alumna do IES Frei Martín Sarmiento e gañadora do teceiro premio con 'Empeño e ambición fan os soños realidade', comparte a súa lectura neste podcast.