O Concello decreta a suspensión inmediata das obras que afectan o colexio de Barcelos
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra vén de decretar a suspensión inmediata das obras que Promociones Gramade está a executar nun solar da rúa do Rouco e que están a afectar ao CEIP Barcelos, e ordea que garantan a estabilidade do terreo.
Esta promotora ten licenza para construir un edificio con dous sotos e seis plantas con aproveitamento baixo cuberta.
O Concello ordena a esta empresa que adopte as medidas urxentes de seguridade para garantir a estabilidade dos terreos.
Asemade, pídelle que achegue "no prazo de 24 horas" un documento realizado por un técnico competente no que "especifique as medidas inmediatas que se van a adoptar nas obras" para impedir que as escavacións realizadas e os muros que se están a executar "produzan alteracións do terreo sobre o que se asentan os inmobles lindeiros".
En particular, deberan adoptarse medidas que garantan a estabilidade na esquina nordés da parcela. Tamén se deberán indicar as medidas que se adoptarán para facer un seguimento da eficacia das medidas provisionais.
No prazo de 5 días esta promotora tamén deberá achegar un informe técnico no que se revise a solución que se está a empregar na escavación e execución dos muros dos sotos e se valore "xustificadamente" a solución técnica máis axeitada para seguir escavando "tendo en contra a base sobre á que se asentan os inmobles lindeiros e as súias características para evitar danos neles".
Mentres non se achegue este informe non poderán seguir coas escavacións "agás as que teñan que ver coas medidas inmediatas" que debe acometer a empresa.
En caso de incumprimento o Concello procederá a execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de mil a dez mil euros, reiterables trimestralmente ata lograr a execución da totalidade das obras ordenadas, ou ben acudir á execución subsidiaria de maneira directa pola Administración, á conta da propiedade, esixíndolles o importe dos gastos, danos e prexuízos. Isto sen prexuizo da incoación do oportune expediente sancionador, no seu caso.
O Concello de Pontevedra tamén advirte expresamente a Promociones Gramade de que o incumprimento desta orde de suspensión das obras Promociones Gramade "pode ser constitutivo do delito de desobediencia" e que, no caso de producirse, "porase en inmediato coñecemento da Fiscalía".
Relacionadas:
-
Protesta baixo a choiva no colexio de Barcelos
Por Oskar Viéitez |
-
Peche de tráfico na Rúa Rouco durante este domingo
Por Redacción |
-
O Concello acusa á Xunta de "tirar balóns fóra" á hora de resolver o estado actual do CEIP Barcelos
Por Redacción |
-
O Concello e a Xunta reuniranse este martes para falar do colexio de Barcelos
Por Redacción |
-
Encargan os estudos técnicos para coñecer o estado do colexio de Barcelos
Por Redacción |
-
A Fundación María José Jove levará o seu museo virtual a colexios de Ponte Caldelas e O Grove
Por Oskar Viéitez |
-
Traballo de "sensibilización" no colexio de Ponte Sampaio para ser "máis empáticos" coas persoas con discapacidade
Por Oskar Viéitez |
-
A aparición de gretas obriga a demoler o ximnasio do colexio de Barcelos
Por Alejandro Espiño |