Zumba solidaria a favor do Comedor de San Francisco
Por Mónica Patxot
O Pavillón Universitario acolleu este xoves o Maratón Solidario de Zumba.
Foi a vixésimo novena edición deste evento que organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo e a Vicerreitoría do campus organizan co propósito de contribuír ao labor social que desenvolve o comedor dos Pais Franciscanos de Pontevedra.
Esta actividade conta coa colaboración de Gadis e Coca-Cola, que achegaron as bebidas, froita e barriñas enerxéticas coas que as persoas participantes puideron repor folgos e seguir bailando.
Ademáis foi unha actividade aberta a toda a cidadanía, á que se lle solicitou que achegasen un quilo de alimentos non perecedoiros a modo de inscrición.
Durante hora e media, persoas de diferentes idades, maioritariamente mulleres, puideron sumarse á realización dunha serie de coreografías que combinan os movementos aeróbicos e os pasos de baile, guiados por un equipo de monitores coordinados por Bruno Hermida.