O Náutico pecha filas sobre a construción dos peiraos e asegura que "vamos a terminar la obra"
Por Diego Espiño
O Real Club Náutico de Sanxenxo (RCNS) seguirá coas obras de contrucción dos novos peiraos, segundo asegurou o seu presidente Pedro Campos.
"Por supuesto que vamos a terminar la obra, y nos gustaría que fuera en paz", declarou Campos nunha rolda de prensa na que compareceu acompañado de representantes de diversos colectivos.
O motivo da convocatoria era explicar o punto de vista do RCNS, que asegura que "la obra del pantalán no perjudica a las playas sino que, al contrario, despeja la lámina de agua, limpia los fondos marinos y reduce y ordena los barcos fondeados".
Segundo Campos, ademais de contar con todos os permisos necesarios, "no se ha aportado nada que diga que la instalación es perjudicial", ao que hai que engadir o rendemento económico que xerará, "a día de hoy esa lámina de agua genera al erario público cero euros y cuando esté terminado serán unos 100.000 euros al año en impuestos".
Por último o presidente do Náutico defendeu que "todo se puede permitir en democracia para defender los intereses de uno, pero la coacción y la violencia no conducen a nada", en relación aos incidentes acontecidos con membros da plataforma SOS Panadeira.
Por ese motivo asegura que adoptarán as medidas de seguridade que sexan necesarias para garantir o avance das obras porque "no hay que confundir amabilidad con debilidad", declarou o presidente.
Xunto a Campos encontrábanse, entre outros, representantes das federacións nacional e autonómica de vela, de confrarías, Cogami, Ausnaga, Cociña Galega ou dous campións olímpicos como Fernando Echávarri e Támara Echegoyen.
Precisamente Echavarri foi dos primeiros en expresar a súa opinión, sinalando que "no encuentro un motivo real para que la plataforma se manifieste, se van a instalar pantalanes que cumplen la normativa y son ecológicos".
SOS PANADEIRA MANIFÿSTASE ANTE O NÁUTICO
Coincidindo coa rolda de prensa, membros da plataforma SOS Panadeira manifestáronse ás portas do Real Club Náutico de Sanxenxo, onde aseguraron que seguirán protestando e exercendo presión "o tempo que sexa necesario".
No transcurso desta protesta, segundo o Náutico, "SOS Panadeira ha invadido las instalaciones del RCNS y ha agredido a empleados, socios y miembros de la Junta Directiva", o que derivou na presentación de denuncias xudiciais.
Relacionadas:
-
SOS Panadeira denuncia agresións nun novo enfrontamento polo pantalán do Náutico
Por Redacción | Creada e actualizada