Rotary Pontevedra recada 1.600 euros na súa gala para o Banco de Alimentos
Por Redacción
O Rotary Club Pontevedra celebraba a súa gala anual de recadación de fondos destinados ao Banco de Alimentos nun acto desenvolvido na sede do Liceo Casino da rúa Manuel Quiroga durante a noite deste mércores 27.
A recadación lograda chegou aos 1.600 euros nunha velada que a organización considera "exitosa" grazas a que pontevedreses particulares e diferentes entidades envorcáronse na causa.
Tamén destacan as actuacións musicais de artistas amateurs da cidade, que realizaron as súas interpretacións de maneira desinteresada para contribuír neste acto festivo e solidario, que foi presidido por Carmen Solla, actual presidenta do Rotary Club de Pontevedra.
Desde 1988, a entidade desenvolve diversas actividades na cidade co obxectivo de apoiar a distintas asociacións benéficas da cidade como o Torneo Internacional de Golf, concertos solidarios e outros eventos destinados a persoas que precisan axuda.
Relacionadas:
-
Unha quincena de asociacións sociais explican a súa actividade a estudantes pontevedreses
Por Oskar Viéitez |
-
Rotary Pontevedra entrega ao Banco de Alimentos 1.600 euros recadados na súa Gala Solidaria
Por Redacción |
-
A nova directiva do Rotary Club recaba apoios na loita contra a polio
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
O Rotary Club de Pontevedra recada fondos para os damnificados pola guerra en Ucraína
Por Redacción |