Máis de 300 cómplices converten nun éxito un ano máis o programa municipal (EN)Volve
Por Redacción
Despois de dez anos de funcionamento o programa muncipal (EN)Volve, que busca cómplices para axudar aos Reis Magos a levar agasallos a nenos e nenas con familias en situación de risco de exclusión, segue a ser un éxito.
O é, aseguran os seus responsables, "grazas "á xenerosidade, dispoñibilidade e ilusión de todos os cómplices para que todos os menores teñan esta noite o agasallo que lles pediron con tanta ilusión aos Reis Magos".
Foron en total 335 os cómplices que fixeron posible lograr o obxectivo marcado, unhas persoas que "sodes a parte fundamental desta engrenaxe que cada ano fai posible que volva a maxia do Nadal e a ilusión", afirman desde o Concello de Pontevedra.
Trátase dun agradecemento que ademais de facer público quixeron enviar persoalmente a todos e cada un dos participantes do (EN)Volve, xunto a algúns das mensaxes enviadas por parte das familias incluídas no programa.