Luis Bará repetirá como candidato do BNG nas eleccións galegas do 18F
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O pontevedrés Luis Bará volverá ser, igual que en 2020, o candidato do BNG por Pontevedra nas próximas eleccións galegas do 18 de febreiro. Os nacionalistas apostan así pola "experiencia" do actual deputado e polo continuísmo na liña trazada polo partido.
E é que non só Bará repetirá como cabeza de cartel, segundo confirmou a formación.
O BNG manterá ás súas números 1 en todas as provincias galegas, con Ana Pontón pola Coruña, Olalla Rodil por Lugo e Noa Presas por Ourense.
Desde o partido subliñan que o resto de persoas que integrarán estas candidaturas repetirán "na súa inmensa maioría", tras o traballo realizado para situarse como referente na oposición.