Román Rodríguez felicita ao equipo de arqueólogos polo traballo desenvolvido en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse este luns co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e co responsable de Árbore Arqueoloxía, Benito Vilas, firma encargada dos últimos proxectos arqueolóxicos desenvolvidos neste concello pontevedrés.
O titular do departamento de Cultura da Xunta coñeceu os detalles dos traballos Castro de Cividá e o petróglifo de Pedra dos Mouros e felicitou o equipo de arqueólogos polo seu labor en prol da conservación e posta en valor nestes bens.
Así mesmo, agradeceu ao Concello a súa implicación na preservación do patrimonio cultural municipal.
Árbore Arqueoloxía foi a encargada da realización de visitas nocturnas guiadas aos petroglifos de Mabois e Fentáns o pasado mes de outubro para conmemorar o Día Europeo da Arte Rupestre.
Tamén en outobro, a Consellería de Cultura e o Concello de Cerdedo-Cotobade asinaron un convenio de colaboración para poñer en valor o Castro de Cividá e o petróglifo de Pedra dos Mouros.