Organizan un taller de defensa persoal en favor da familia de Corredoira que perdeu a súa vivenda nun incendio
Por Redacción
Este sábado, entre as 16 e as 19 horas, desenvolverase un seminario de defensa persoal que terá un fin benéfico, xa que busca axudar á familia que perdeu a súa vivenda o pasado mes de decembro por mor dun incendio na parroquia de Corredoira. Así o anunciou o alcalde de Cerdedo-Cotobade Jorge Cubela.
Precisamente o concello colabora con esta actividade xunto coa Federación Galega de Kickboxing e MuayThai e o apoio da Deputación de Pontevedra.
A iniciativa parte da Hong Muay Thai Academy (HTMA) Toni Garrido e, dependendo do número de persoas que se inscriban, terá lugar nas instalacións desta academia ou no Pavillón Municipal de Carballedo.
O donativo para participar é de 15 euros, o importe íntegro destinarase á familia cotobadesa.
Os interesados poden apuntarse na HTMA Toni Garrido (Bouza, 1, Viascón), no número de teléfono 679612484 ou en calquera das sedes do Concello de Cerdedo-Cotobade.