Detido por atentado a un policía tras protagonizar incidentes aparentemente bébedo en dous bares
Por Natalia Puga
A Policía Nacional de Pontevedra detivo por un delito de atentado a axente da autoridade un home que na tarde do mércores chegou presuntamente bébedo a dous bares da rúa Blanco Porto, protagonizou diversos incidentes e acabou pegando a un policía.
Fontes policiais confirman que durante a tarde do mércores recibiron varias chamadas de locais desta rúa alertando de que un home aparentemente bébedo estaba a xerar balbordo nos locais e varias patrullas policiais desprazáronse á zona.
Á chegada dos axentes, este home enfrontouse a eles e acabou agredindo a un dos policías nun ombreiro. Ademais, segundo fontes da Comisaría da Policía Nacional, cando quixeron reducilo, tamén acabou dando patadas e cabezazos a un coche patrulla. Finalmente, foi detido por atentado.
A camareira dun dos bares explicou a PontevedraViva que todo empezou no seu local. O home chegou, sentou na mesa e pediu un chopo. Serviullo, pero logo viu que se estaba cambaleando e decidiu non servirlle máis alcol.
Esta muller explica que foi "un percance sin más que pasa cualquier día en cualquier bar". A esta traballadora pediulle un bico e un abrazo e tocoulle o cu, e ela paroulle os pés. Lo puse en su sitio y ya está", explica, asegurando que ninguén tivo que defendela. "Me defendí solita".
Segundo explicou, "hizo un mal gesto, un gesto feo, que ninguna mujer tiene que aguantar, ni ningún hombre tampoco" e por iso plantoulle clara. No lo disculpo ni mucho menos, pero que no se exagere", pediu. Engadiu que, cando lle parou os pés e lle pediu que marchase, fíxoo.
"Le dije: no me toques, respeta mi espacio", lembra esta muller en conversación telefónica con este xornal. E o home fíxoo.
O incidente foi a máis cando un cliente meteuse no medio e este home acabou sentáado na terraza no asento doutra persoa, de modo que se iniciou unha discusión na que se viron implicadas varias persoas máis, algunhas vinculadas ao bar situado á beira, na mesma rúa.
A continuación, foi ao local contiguo e, estando alí, chegou a Policía e enfrontouse a eles.