Rematada a reforma integral do patio da Galiña Azul de San Pedro
Por Redacción
O Concello de Marín vén de practicamente rematar as obras de reforma integral do patio da Galiña Azul de San Pedro, un espazo moi utilizado polos pequerrechos que van á escola infantil e que precisaba dunha actuación urxente, dando que polo uso e as inclemencias meteorolóxicas, atopábase nun estado xa moi degradado.
Tal e como explicou a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, as obras consistieron "na reposición do chan, onde colocamos caucho; na retirada do valado e dun xogo anterior, que tamén se atopaba en malas condicións".
Ademais de repoñer ese chan, adquiriuse un novo elemento de ocio para que os nenos xoguen nel con toda seguridade.
Os traballos arrancaron a pasada semana a cargo da empresa HPC e estarán listos mañá. A inversión rondou os 15.700 euros. "Con esta obra, seguimos consolidando a nosa aposta por manter na mellor das condicións posibles os centros educativos", explicou Sanmartín, que adiantou que a próxima obra de relevancia que se levará a cabo nunha infraestructura educativa en Marín será "a substitución dunha parte da cuberta da EII do Grupo Escolar".
"A obra xa está adxudicada e recén entregado o Plan de Seguridade e Saúde", indicou a edil de Educación, que cifra a inversión deste proxecto no entorno dos 30.000 euros, pero asegura que se trata dunha "actuación necesaria e prioritaria que esperemos que poida iniciarse canto antes".
Relacionadas:
-
O camiño que une Casás coa praia da Coviña en Marín xa presenta un aspecto renovado
Por Redacción |
-
Ceden á Escola Naval un guindastre comisado por narcotráfico e supostamente utilizado con narcolanchas en Cambados
Por Natalia Puga |
-
11.000 euros en premios no desfile de adultos do Entroido de Marín
Por Redacción |
-
Adeus á fenda dixital para os maiores de 65 anos en Marín: un curso axúdaos nos trámites básicos
Por Redacción |