O Restaurante Varela Churrasquería acende as súas grellas para abrir este xoves
Por Oskar Viéitez
O Restaurante Varela churrasquería situado en Pontevedra abrirá as súas portas este xoves para todos os clientes que formalizasen a súa reserva.
O procedemento será a través do correo electrónico reservas@varelachurrasqueria.com indicando un número de teléfono de contacto e por orde de data de recepción, co fin de respectar a quenda daquelas persoas interesadas en gozar da cociña do Chef e o seu equipo.
O restaurante, antigo edificio da Ferraxería Varela, alberga espazos tan diversos como unha zona de adega, diversas estancias no comedor e zona de barra, distribuídos en tres plantas entre as que se atopa a cociña caravista.
Entre os pratos dispoñibles poderanse gozar de carnes, vexetais e peixes á brasa, así como pizzas ou hamburguesas nas que o equipo de cociña leva meses perfeccionado as súas receitas.
Son moitos os pontevedreses especialmente que desexan probar os pratos do novo establecemento e é por iso que se realizará unha incorporación do funcionamento do establecemento á cidade de maneira paulatina, co fin de que a calidade e excelencia da marca Pepe Vieira sexa a esperada e cumpra as súas expectativas.
Polo momento realizaranse reservas para comensais en quendas de mediodía e noite desde este xoves día 8, descansado o vindeiro luns pola noite e martes todo o día.
Relacionadas:
-
Fogóns e brasas acendidas en Varela Churrasquería, o novo restaurante de Pepe Vieira en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A ferraxería que revivirá como churrasquería: "Queremos que os pantasmas que viven no edificio estén cómodos con esta nova vida"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A burocracia, último 'escollo' para que Pepe Vieira converta a antiga Ferraxería Varela en asador
Por Alejandro Espiño |
-
Os altos prezos do alugueiro e a inflación están detrás do ocaso comercial da praza de Curros Enríquez
Por Manu Otero & Mónica Patxot |