A Praza de Travesía Areal en Portonovo quedará comunicada peatonalmente co mercado
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo usará fondos do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra para levar a cabo a humanización en Portonovo da Praza de Travesía Areal. O proxecto permitirá recuperar este espazo para a cidadanía e enlazalo peatonalmente co mercado, rúas e xardíns lindeiros. Suporá unha inversión de 48.400 euros.
Tamén desaparecerá a escaleira de acceso no lado sur da rúa e habilitarase unha rampla para salvar a diferenza de cota de forma que se mellorará a accesibilidade. O acceso desde o mercado farase en dous tramos a diferente cota cunha xardineira intermedia. Os bancos de formigón cambiaranse por outros de pedra e renovarase a iluminación con outro de menor consumo enerxético.
A actuación contempla igualmente renovar a rede de saneamento, ocultando arquetas e colectores pluviais e mellorarase o pavimento deteriorado. Os contedores encostados ao mercado cambiarán de localización pasando á beira oposto da rúa instalando peche para ocultalos e recolocando tamén neste espazo a central de iluminación. Para completar, o pavimento terá continuidade coa actuación da contorna do mercado.
Relacionadas:
-
Concello de Sanxenxo e Nauta alegan manter o actual uso de terrazas ata que o novo plan especial do porto o regule
Por Redacción |
-
A humanización da contorna do pavillón e do centro de día de Baltar será financiada con cargo á Deputación
Por Redacción |
-
Unhas boias amarelas delimitarán a canle de nado entre as praias de Silgar, Baltar e Caneliñas
Por Redacción |