![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e1a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65d3792a63-rosana-comesana-e-silvia-cernadas-02-.jpg)
© Concello de Soutomaior
A fin de semana do 9 e 10 de marzo, Soutomaior celebrará o certame da camelia
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A XXII edición do Certame da Camelia do Concello de Soutomaior celebrarase na fin de semana do 9 e 10 de marzo.
A concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña, e a concelleira de Turismo e Cultura, Silvia Cernadas, presentaron este luns esta cita de referencia para as persoas cultivadoras e afeccionadas e tamén para todas aquelas que simplemente senten curiosidade por esta flor.
Como actividade principal está a exposición de composicións de flor de Camelia que se desenvolven nos xardíns e instalacións do Castelo de Soutomaior, nos centros educativos e no comercio e a hostalería local.
Pero además das exhibicións haberá actividades complementarias que destacan o valor que a flor das Rías Baixas ten a nivel artístico-cultural, e mesmo como símbolo do movemento feminista e sufraxista, e tamén no eido do benestar e a saúde.
Además, a programación deste Certame da Camelia 2024 inclúe un obradoiro creativo de chapas "Camelia María Vinyals", paseos guiados polos xardíns do Castelo a cargo dunha guía de turismo e especialista en camelias ou un obradoiro de kamishi (teatro de papel) e pop-up que se realizará coa camelia branca.
Unha sesion de relaxación con aceite de camelia e degustacións de té a cargo de Miryam Vieitez e Erika Taracido e o concerto de Lulavai que co seu cuarteto de arpas achegarán ao público asistente sons e voces célticas completarán as actividades.
O prazo de inscrición para participar no certame remata o 27 de febreiro.