A contorna do CEIP do Carballal será reformada para mellorar a seguridade viaria
Por Redacción
O Concello de Marín vén de acadar unha axuda da Deputación de Pontevedra para financiar as obras de renovación do pavimento do entorno do CEIP do Carballal. O goberno local sinala que esta reforma pretende dotar a esta contorna escolar de máis seguridade viaria.
Esta obra, que ten un prezo base de licitación de que supera os 58.500 euros, beneficiará ao vial perimetral do centro educativo, actuando sobre 3.200 metros cuadrados de superficie.
Tal e como se pode ler na memoria do proxecto, "trátase dunha actuación moi importante, pois é o itinerario obligado de acceso ao centro escolar. Suporá unha mellora significativa en canto á seguridade viaria e á ordenación do tráfico rodado e peonil, cunha nova distribución dos espazos da vía".
Actualmente, o estado do vial é desordenado, cun pavimento na calzada en mal estado, un tipo de estacionamento de vehículos desorganizado e cun itinerario peonil escasamente sinalizado.
A reforma contempla rehabilitar o pavimento do firme da vía, implementar itinerarios peonís seguros, colocar reductores de velocidade en puntos estratéxicos que contribúan ao calmado de tráfico no entorno do centro e renovar a sinalización horizontal e vertical. Ademais, realizarase unha limpeza e desbroce das marxes e das cunetas.
Unha vez acadada a financiación do ente provincial, será o momento de iniciar o expediente para a contratación das obras que, unha vez iniciada a súa execución, terán unha duración dun mes.