A xuízo por conducir drogado, sen carnet, seguro nin ITV
Por Oskar Viéitez
A Policía Local denunciou a pasada semana a un condutor, nado en 1978, que circulaba pola avenida de Lugo por conducir co permiso de circulación sen vixencia (perdera todos os puntos e non fixera o curso de recuperación).
Ademais o vehículo non tiña seguro, nin tiña pasada a ITV, e o condutor deu positivo no consumo de substancias estupefacientes.
O condutor foi denunciado pola Policía Local e someteuse a un xuízo rápido.
O coche foi inmobilizado porque circulaba sen condutor alternativo.
Relacionadas:
-
"Prepárese porque lle vou prender lume á casa", a última ameaza a unha veciña da Ferrería
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Esposan un cliente encabuxado que tentou agredir o condutor dun autobús
Por Oskar Viéitez |
-
Detido por quebrantar a orde de afastamento dunha vítima de violencia machista e fuxir da Policía
Por Oskar Viéitez |
-
Detido o presunto autor dun roubo con forza nun comercio de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Unha disputa entre dous sen teito na Ferrería acaba cos dous feridos e detidos
Por Natalia Puga |