As obras en Barcelos obrigan a cortar o tráfico na praza durante 12 días
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra anunciou o corte ao tráfico na praza de Barcelos durante 12 días.
Con motivo das obras de reforma deste espazo urbano levarase a cabo esta medida desde o vindeiro luns, 4 de marzo, ata o sábado día 16.
Segundo indicou o Concello, só estará permitido o acceso aos garaxes particulares da zona, así como ao estacionamento público subterráneo.
Ademais, habilitarase o dobre sentido na rúa Rouco, para facilitar a entrada e saída aos residentes cos seus vehículos.
Durante estes días as obras centraranse no lateral da praza de Barcelos ao que van dar as rúas Xenaro Pérez Villamil (de baixada desde a parte peonil da rúa Benito Corbal) e Rouco.