As Rías Baixas manterán a inestabilidade e temperaturas baixas ao longo da semana
Por Redacción
A inestabilidade continuará en Galicia durante os próximos días.
Este luns, as Rías Baixas mantéñense na influencia das baixas presións que envían unha nova fronte fría durante as primeiras horas. Espéranse durante a xornada ceos nubrados con choivas máis intensas durante a mañá. Ao longo da tarde irán perdendo intensidade e serán ocasionais. As temperaturas manteranse entre 6 e 13 graos. O vento soprará moderado de compoñente oeste, segundo informa o servizo de Meteogalicia.
O martes 5 espérase que as altas presións entren en forma de cuña sobre a Península cun aumento de estabilidade na atmosfera. A xornada presentarase con ceos parcialmente nubrados e baixa probabilidade de choiva, coa posibilidade dalgún chuvasco moi ocasional na zona oeste de Galicia. As temperaturas situaranse entre 4 e 15 graos con vento do suroeste, frouxo en terra e moderado no mar.
O mércores se mantien o predomino das altas presións, situadas sobre a Península, e establecéndose entre dúas borrascas, unha situada no mediterráneo occidental e outra no Atlántico, próxima a Galicia. Os ceos permanecerán parcialmente nubrados e con predominio de tempo seco, sen descartar a opción dalgunha choiva no litoral, máis probable durante a mañá. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso para establecerse entre 10 e 16 graos, con vento que soprará de compoñente sur moderado en terra, con intervalos fortes no mar.
A partir do xoves gobernarán as baixas presións en Galicia desviadas cara á Península pola presenza de altas presións ao norte das Illas Británicas. A probabilidade de choivas será elevada e as temperaturas volverán descender sendo baixas para esta época do ano ao establecerse entre 7 e 12 graos.