Conta atrás para a restauración da Torre do Reloxo
Por Redacción
Tres días de prazo terán as empresas interesadas en executar as obras de restauración da Torre do Reloxo, en Marín, para presentar as súas ofertas.
Esta iniciativa, que vai na liña do coidado e posta en valor que o goberno local leva a cabo no seu patrimonio, realizarase con cargo a unha subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
A actuación ten un importe estimado de 32.605 euros.
O proxecto contempla obras de limpeza, restauración e consolidación dos muros e a zona superior da Torre do Reloxo, a substitución da carpintería exterior e das ventás, o cambio da porta de acceso á torre ou a eliminación das filtracións de auga e o seu sellado.