Actuación de limpeza en Conde Bugallal
Por Redacción
Esta semana acometerase unha actuación intensiva de limpeza na avenida Conde Bugallal, segundo informa a concellería de Limpeza, que dirixe o edil Xaquín Moreda.
A intervención realizarase desde Pintor Laxeiro ata o cruzamento do Marco, na marxe dereita da avenida.
Os traballos efectuaranse durante a madrugada do xoves 7 de marzo. A zona de estacionamento permanecerá con valos de advertencia durante estes días e prohibirase o aparcamento nas horas anteriores aos traballos.
Os vehículos que continúen aparcados na zona serán retirados polo guindastre municipal.
Utilizaranse máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada de Conde Bugallal.