As obras do futuro Centro Sociocultural avanzan cumprindo cos prazos de execución
Por Oskar Viéitez
O futuro Centro Sociocultural de Marín xa amosa a súa fisionomía. Esta martes, o director de obra, de Naos, e o responsable da empresa constructora, de Oreco Balgón, realizaron unha visita para que o Goberno local e os técnicos municipais coñeceran a situación do proxecto, o grao de execución e os obxectivos do plan de traballo de cara aos próximos meses.
A alcaldesa, María Ramallo, destacou que "o máis duro, que era todo o relativo á cimentación, xa o temos superado e executado. Agora comezamos imaxinar como será este futuro Auditorio, ao que xa se lle poden ver as formas e volumes".
Xunto cos responsables da obra, Ramallo e o seu equipo percorreron o esqueleto do que serán as futuras dependencias na nova infraestrutura municipal, comezando polo amplo vestíbulo de entrada, que contará cun gran espazo diáfano que servirá á súa vez como espazo funcional e que dará paso ás salas de apoio e á zona da Oficina Virtual de Turismo.
Percorrendo os pasillos que xa se intúen dentro da estrutura, na visita puidéronse ver xa as zonas adicadas aos camerinos, o patio de butacas e a zona elevada para o equipo técnico, así como os altillos do que nun futuro será o escenario.
"Con este Auditorio poderemos dar un paso de xigante na programación cultural da nosa vila", explicou Ramallo. "Con capacidade para máis de 500 butacas e con todas as necesidades técnicas e prestacións necesarias, poderemos traer obras de teatro, musicais, conferencias, formacións, concertos... e todo tipo de eventos para desfrutalos desde aquí, desde a nosa vila".
Os responsables da obra explicaron durante a visita que a pesar das intensas chuvias que se viviron nos últimos meses, o ritmo de execución está sendo o esperado e que as obras avanzan dentro dos prazos e do cronograma previsto.
Relacionadas:
-
O orzamento do 2024 do Concello de Marín ascenderá a máis de 16,3 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
O novo auditorio de Marín acollerá unha oficina de turismo que terá como protagonista a realidade virtual
Por Oskar Viéitez |
-
Ramallo sinala o Auditorio como "punto de inflexión da realidade cultural da nosa vila"
Por Oskar Viéitez |
-
Adxudicada definitivamente a construción do Auditorio de Marín á empresa Oreco Balgón
Por Redacción |