Escolares de Sanxenxo buscan 'A mascota da auga'
Por Redacción
Preto de 600 escolares dos colexios da Florida, Magaláns, O Cruceiro, Portonovo, Nantes e O Telleiro participan no concurso 'A mascota da auga' posto en marcha en Sanxenxo, e no que desde o Concello destaca "a implicación tanto do alumnado como dos docentes", afirmou a edil Nati Parada.
Trátase dunha iniciativa que busca facer partícipe aos máis novos na creación dunha imaxe que represente a importancia de realizar un consumo responsable dun ben escaso como a auga.
O debuxo gañador converterase na imaxe de boas prácticas ambientais do municipio.
O xurado, que se reuniu este martes no Pazo de Emilia Pardo Bazán para avaliar os debuxos, dará a coñecer a proposta gañadora o 22 de marzo coincidindo co Día Mundial da auga.
O debuxo seleccionado para ser a mascota da auga recibirá un vale de 100 euros e o colexio onde estea matriculado o alumno ou alumna gañadora recibirá unha charla ou taller sobre o ciclo integral da auga. Ademais, haberá un premio de 150 euros para o colexio con maior porcentaxe de participación en función da súa matrícula.
Válelos poderán trocarse nos establecementos comerciais de Sanxenxo adheridos a CCU Entretendas.