A Escola de Enfermería fórmase en perspectiva de xénero
Por Redacción
A perspectiva de xénero foi o eixo condutor da conferencia ofrecida este xoves 7 na Escola de Enfermería a pedimento da Deputación de Pontevedra e con motivo da celebración do 8M. A acción formativa correu a cargo da politóloga Priscila Retamozo e abríaa a deputada de Igualdade, Sandra Bastos.
Bastos sinalou a importancia da educación para conseguir unha sociedade equitativa e que sexa unha "educación en igualdade en todas as profesións e ámbitos sociais", lembrando que sectores como a enfermería "sempre estivo moi ligada ás mulleres e desgraciadamente aínda vemos numerosos exemplos de enfermeiras que seguen sufrindo situacións machistas no seu día a día".
Durante a sesión falouse de interseccionalidade, socialización feminina e masculina, de saúde e sexualidade con perspectiva de xénero e tamén ofreceuse un enfoque para favorecer o seu exercicio profesional eficazmente sen perpetuar estereotipos machistas. Ademais da parte expositiva, a acción formativa incluíu igualmente dinámicas participativas.
Relacionadas:
-
A Deputación mobiliza 5,1 millóns de euros en materia de turismo, igualdade, reto demográfico e investimentos
Por Oskar Viéitez |
-
A nova Facultade de Enfermaría dá os "últimos pasos" coa vista posta no curso 2024-2025
Por Rosalía Rico Otero |
-
A Área Sanitaria incorpora a Concepción Abellás como nova directora de Enfermaría e a Silvia Amoedo como subdirectora
Por Redacción |