Activada a alerta laranxa por temporal costeiro
Por Redacción
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activou unha alerta laranxa ante as condicións meteorolóxicas previstas para este venres 8 de marzo na provincia de Pontevedra.
En concreto a alerta prodúcese polo temporal costeiro que afectará o litoral pontevedrés e tamén ao da provincia da Coruña.
O fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde a madrugada do venres, con previsión de ventos de forza 8 e ondas no mar de ata 7 metros de altura.
Ante esta situación a Xunta lembrou a importancia de manterse afastado da liña de costa e lugares como diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén pide que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.