A UNED inicia esta semana outra edición da escola de pais e educadores
Por Redacción
O centro asociado da UNED en Pontevedra inicia este próximo mércores 13 outra edición da escola de pais e educadores.
O curso prolongarase ata o 29 de maio e será impartido polo profesor Santiago García Rey, que conta con experiencia no ensino público desde Infantil ata Bacharelato, do mesmo xeito que en ensino de adultos.
O curso pretende ofrecer un espazo de reflexión sobre escoita activa non enxuizosa e acompañamento emocional; transformar autoritarismos por confianza mutua; fomentar a autonomía, intelixencia emocional e capacidade de toma de decisións; crear vínculos afectivos sans que potencien a autoestima e aprender a acordar e negociar.
Está orientado a pais e nais, profesores e educadores, estudantes de Maxisterio, Pedagoxía, ou Psicoloxía e igualmente a toda persoa interesada nunha educación humanista, empática e respectuosa.
Esta oferta formativa impartirase en liña os mércores pola tarde de 18:30 a 20.00 horas no centro asociado da UNED. A presencialidade no centro non é obrigatoria e pode facerse en directo ou diferido.
Relacionadas:
-
O grupo de teatro da UNED Sénior pon en escena a obra "En Ciernes"
Por Redacción |
-
Clases intensivas de inglés para viaxeiros na UNED de cara á Semana Santa
Por Redacción |
-
Conferencia o a UNED sobre o "Titanic galego" e proxección do documental sobre "Os Trasnos de Doade"
Por Redacción |
-
A UNED comeza este mes un curso de programación para aprender a construír o teu propio sistema operativo
Por Redacción |
-
Máis de medio millar de persoas seguirán unha conferencia da Policía Nacional sobre riscos e adiccións en internet
Por Redacción |
-
Un curso da UNED en Pontevedra analizará os dereitos e garantías da persoa na era dixital
Por Redacción |